A loita polos dereitos: empresa e Administración Pública
por Cristóbal Dobarro GómezComo dicía o xenial xurista alemán Von Ihering, para que a un lle respecten os seus dereitos lexítimos, haberá de loitar cada día por eles. Esta reflexión atópasese hoxe en día de plena actualidade, por canto a infinita complexidade acadada polo noso sistema xurídico, fai aínda máis necesaria a constante defensa dos seus dereitos por parte de cada cidadán.
A este respecto, esta cuestión aínda resulta máis preclara no eido das relacións coas Administracións Públicas. De feito, resulta evidente que cada día o sector público mantén máis relacións coas empresas e demáis personas privadas, no marco do desenvolvmento do chamado Estado Social e Democrático de Dereito.
Así, vemos como existe unha importante presencia da Administración Pública no eido da chamada actividade de policía da mesma, coa importante intervención administrativa que hoxe en día dáse en tódolos chamados “sectores regulados”. É evidente que toda empresa atópase condicionada polas actuación que leve a cabo a Administración en numerosos ámbitos, como o urbanismo, o medio ambiente, o sector eléctrico, augas, costas, entre outros.
Por outra banda, a actividade de fomento das Administracións Públicas, reflectida nas subvencións e convenios de colaboración coas empresas, teñen hoxe en día unha importancia capital no desenvolvemento de calquer iniciativa empresarial de tódolos campos imaxinables.
E por último, afecta tamén ás empresas a actividade de servicio público da Administración a través do propio uso que fixesen as mesmas dos propios servicios, ou a través da participación na prestación dos mesmos servicios a través do correspondente contrato administrativo.
En todos estes casos, prodúcense un elevado número de relacións entre as empresas e as Administracións Públicas, dando por tanto a un igualmente elevado número de procedementos administrativos. No ámbito destas relacións as Administracións Públicas teñen unha total primacía no exercicio das prerrogativas exorbitantes que a Lei concédelles.
Sen embargo, o exercicio destas prerrogativas debe realizarse en beneficio da Lei e dacordo con ésta. Polo tanto, tódalas actuacións realizadas pola Administración deberán rexirse dacordo co principio de legalidade, sen que haxa lugar á defensa dos intereses personais ou sectoriais á marxe do ordenamento xurídico.
Por elo, atendendo a esta realidade, a loita polos dereitos está actualmente de plena vixencia, por canto tódolos actores que participamos na vida diaria das empresas e institucións, témola obriga de defender os nosos dereitos e de marcarlle á Administración o camiño da Lei.